Unha delegación croata visita a depuradora do Lagares coa pretensión de aplicar o modelo no seu país
O concelleiro de Medio Ambiente, Amador Fernández, acompañou a unha delegación croata e a representantes do Banco Mundial que comprobaron in situ o sistema técnico da estación depuradora do Lagares. Os visitantes amosaron o seu interese no estudio do modelo de xestión de tratamento de augas residuais aplicado en Vigo.
A delegación croata e mailos representantes do Banco Mundial recibiron explicacións sobre os gastos xerados polos proceso de depuración de augas residuais de Vigo e polo sistema no que son financiados. Os visitantes escolleron Vigo debido a que dispón dun sistema completo e moderno de tratamento de augas residuais que pode servir de modelo para o seu país.
A estación depuradora do río Lagares está deseñada para unha poboación de 400.000 habitantes, cunha dotación de 300 litros por habitante e día. Despois da fase de pretratamento realízase unha decantación primaria e logo a depuración biolóxica. Existe tamén unha etapa de desodorización para sólidos e grosos que, tralo tratamento mediante filtros de carbón activo en colectores pechados, pasan por un biofiltro de cortiza de piñeiro húmida.
O caudal medio é de 1.500 litros por segundo e o caudal do bombeo final a emisario é de 3.000 litros por segundo. Prodúcese un volume de lama total de 2.386 metros cúbicos por día.
Descargar todas as imaxes