O V Torneo Internacional de Loita ”Cidade de Vigo” celebrarase esta fin de semana
O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, Rubén Campos e o seleccionador nacional, Alexandre Katchelaer, presentaron a quinta edición do Torneo Internacional de Loita ”Cidade de Vigo” que contará coa participación de equipos de Túnez, Italia, Francia, Baleares, Andalucía, Canarias e Galicia.
Santiago Domínguez explicou que na cidade hai unha importante tradición nas artes marciais e este torneo servirá de colofón ó traballo realizado polos organizadores durante todo o ano e para que os clubes e nenos que se están iniciando neste deporte sigan turrando e consigan promocionar a loita libre olímpica e a loita grecorromana.
”Este é un exemplo máis do acordo entre as distintas administracións para a celebración dun evento”, explicou Santiago Domínguez, xa que colaboran o Concello de Vigo, a Secretaría Xeral para o Deporte e maila Asociación Galega de Loita.
O torneo celebrarase o 10 e 11 de novembro no pavillón de Coia de 10:00 a 14:00 horas. A entrada é gratuíta.
Descargar todas as imaxes