O Centro de Asesoramento e Información promove a accesibilidade integral das persoas discapacitadas
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío e o director territorial de Fundosa Social Consulting, Francisco Peleteiro, presentaron o Centro de Asesoramento e Información (CAI) dependente do Centro Estatal de Autonomía Persoal e Axudas Técnicas.
Este centro púxose en marcha gracias a un convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a empresa Fundosa, empresa de recursos humanos especializada no sector das persoas con discapacidade adscrita ó grupo empresarial da Fundación ONCE.
Belén Sío explicou que con este centro cúmprese o obxectivo de contribuír a facer que os sitios sexan máis accesibles mediante o asesoramento ás persoas discapacitadas. A concelleira anunciou tamén a posta en marcha do novo plan municipal de accesibilidade realizado en colaboración coa ONCE e co IMSERSO.
Peleteiro indicou que o centro está dirixido a fomentar a accesibilidade integral, social e profesional, así como á eliminación das barreiras arquitectónicas da área metropolitana. Servirá para orientar sobre as cuestións diarias que poidan xurdirlles ós cidadáns, como soporte e axuda ós Servicios Sociais do Concello de Vigo e ó Servicio Galego de Colocación na inserción laboral dos desempregados con discapacidade, explicou.
O Centro de Asesoramento e Información depende do Ceapat, que é un centro tecnolóxico dependente do Imserso dedicado a potenciar a accesibilidade integral e o desenvolvemento da tecnoloxía. Promove, a súa vez, a optimización das axudas técnicas e deseño para todos, co fin de mellorar a calidade de vida dos cidadáns, con especial atención ás persoas con discapacidade e persoas maiores.
O Ceapat conta co apoio dun importante número de centros situados en tódalas comunidades autónomas, os centros de asesoramento e información (CAI). O obxectivo desta rede de centros é o intercambio e difusión de información relativa ás axudas técnicas e accesibilidade. En Galicia existen dous CAI na zona Norte, e o que se abriu en Vigo vai ser o primeiro que vai dar servicio ó sur da Comunidade.
O CAI, que xa entrou en funcionamento, sitúase no local da empresa Fundosa Social Consulting, sito na rúa Príncipe, 22 – 2ª planta, local 41 que será a encargada de difundir a información requirida polas persoas que acudan de xeito totalmente gratuíto. Esta información é remitida polo Ceapat.
Descargar todas as imaxes