Un convenio coa Asociación Galega de Artesáns supón a consolidación do Centro de Artesanía Tradicional
A concelleira de Patrimonio Histórico, Carme Martínez-Corbalán, e o presidente da Asociación Galega de Artesáns, Manuel González Arias, presentaron un convenio de colaboración que lle permitirá ó Centro de Artesanía Tradicional a organización de cursos de mercadotecnia, de corozas e mulidos e forxa tradicional, entre outros.
Martínez-Corbalán explicou que este convenio supón a consolidación do Centro de Artesanía Tradicional e servirá para o financiamento de actividades e accións formativas, ademais de apoiar as liñas de investigación e publicación.
González Arias expuxo que a atención á recuperación dos oficios como xacemento de emprego debido á súa estabilidade e preservación cultural é agora unha demanda real tanto na orfebrería, forxa ou restauración. Esta colaboración contribuirá a normalizar a actividade dos oficios tradicionais nos que detrás hai unha cultura particular que supón un tesouro patrimonial.
Neste convenio establécense os principios de colaboración entre o Centro de Artesanía Tradicional do Concello de Vigo e a Asociación Galega de Artesáns para o desenvolvemento de diversas actividades de investigación, promoción e formación en materia artesá.
Un curso de mercadotecnia de 50 horas principiará o mércores, 7 de novembro, e o de corozas e mulidos de 40 horas, o 19 de novembro. O convenio establece tamén a investigación sobre forxa tradicional en Galicia, as nasas en Ribadavia, carpintería tradicional e publicacións sobre o tema.
Descargar todas as imaxes