Escoitar

Vigo renderalle homenaxe ó pintor Francisco Mantecón

luns, 5 nov 2001
imx744.jpg
Lois Castrillo, Manuel Bragado e Xan Traba
O Concello de Vigo organiza unha homenaxe póstuma ó artista Francisco Mantecón que se celebrará o xoves 8 de novembro no auditorio do Centro Cultural Caixanova. O alcalde, Lois Castrillo, sinalou que con este acto a sociedade viguesa renderalle tributo ó compromiso, solidariedade e xenerosidade do pintor.

”Vigo é berce dun bule-bule cultural e a cidade agradece e recoñece a traxectoria pictórica de Mantecón e a súa achega á renovación da arte galega que contribúe a que Vigo sexa motor cultural deste país”, sinalou Castrillo.

O director de edicións Xerais, Manuel Bragado, realizou un percorrido pola obra creativa de Francisco Mantecón, integrante do grupo Atlántica, e explicou que xoga coas formas, cores e expresións xeométricas tanto na pintura como no deseño gráfico. Destacou a cartelería, anagramas e imaxe corporativa de empresas realizadas cunha vontade cívica e comprometida.

Alberto González Alegre presentará o acto de homenaxe no que se intercalarán elementos gráficos e sonoros da vida de Francisco Mantecón. Participarán Ánxel Huete, Carlos Casares, Carlos de la Peña, Carme Martínez-Corbalán, Carme Panero, Fernando Franco, Germán Mantecón, Gonzalo Navaza, José María Fonseca, José Pérez Rodríguez, Manuel Janeiro, Mari Lires, Ramiro Fonte, Rosa López, Toti, Víctor Vaqueiro, Xavier Rodríguez Baxeiras, Xosé García Crego, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé María Álvarez Cáccamo e Lois Pérez Castrillo.

BIOGRAFÍA


Descargar todas as imaxes