A Comisión de Goberno adxudica obras por máis de 30 millóns de pesetas
A Comisión de Goberno adxudicou diversas obras por un valor superior aos 30 millóns de pesetas que principiarán antes de que remate o ano.
Unha delas é a construcción dunha pista polideportiva no parque da Riouxa. Esta instalación, que se ubicará nun dos laterais do parque, preto da Avenida de Galicia, poderá ser utilizada libremente polos veciños e agrupacións deportivas do barrio de Teis. A empresa que se fará cargo da obra é Construcciones Dios e o presuposto 12.300.000 ptas.
Construcciones Dios foi tamén a adxudicataria da obra de renovación das beirarrúas da rúa Paz. O Concello vai reconstruír totalmente as beirarrúas entre Jacinto Benavente e a glorieta de Xoan XXIII. O proxecto prevé a supresión de barreiras arquitectónicas e a colocación de lastros de granito nas entradas aos garaxes. O presuposto da obra é de 8.485.000 ptas e o prazo de execución de 4 meses.
Outro proxecto adxudicado pola Comisión de goberno é o de renovación da rede de abastecemento de auga na avenida da Florida. A obra consiste na substitución das vellas tuberías de fibrocemento, causa de numerosas avarías, por outras novas de polietileno e na construcción de 20 acometidas a edificios. A empresa Movexvial será a que renove as conduccións de auga dende o cruce do camiño da Carballa ata a confluencia con Manuel de Castro (300 metros). O presuposto da obra é de 11.500.000 pesetas.