Escoitar

O Consello da Xerencia aproba o Peri Casás da parroquia de Comesaña

luns, 5 nov 2001
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou o Plan Especial de Reforma Interior da U.A. 3 Casás, na parroquia de San Andrés de Comesaña. Este plan ordena unha superficie de 16.010 m2 na que só se poderán construír vivendas unifamiliares adosadas e edificios comerciais. O Peri inclúe unha zona verde de 1620 m2, e unha parcela para equipamentos deportivos.