Escoitar

O Concello emprende unha campaña de limpeza de terreos e beiravías

martes, 6 nov 2001
Os servicios municipais de Limpeza, en colaboración cos de Sanidade, Urbanismo e Medio Ambiente, desenvolverán unha campaña de limpeza e de recollida de residuos en terreos e beiravías que comezará o luns, 12 de novembro en Saiáns e Oia.

Este programa proseguirá cada luns en Coruxo e Comesaña, o 19 de novembro: Matamá e Valadares, o 26 de novembro: Zamáns e Beade, o 3 de decembro: Castrelos e Sárdoma, o 10 de decembro: Bembrive e Cabral, o 17 de decembro: Lavadores e Candeán, o 24 de decembro e Teis e Zona Centro, o 31 de decembro.

Os propietarios deberán cortar as silveiras e maleza dos seus terreos e recoller os residuos alí depositados. Tamén deberán limpar as gabias dos camiños particulares colocando os refugallos ordenadamente á beira do terreo para facilitar a súa recollida. Os servicios municipais trasladarán os residuos ó lugar axeitado.

Os propietarios poderán indicarlle ó servicio municipal de Limpeza, a través do teléfono 986 28 19 00, as circunstancias especiais de perigo ou insalubridade para facilitar a súa eliminación.

As persoas que non procedan a limpar os seus terreos e non participen nesta campaña poderán ser sancionadas cunha multa de 15.000 pesetas segundo se establece na ordenanza municipal.