Escoitar

Belén Sío asina un convenio coa Fundación Aldaba para a intervención socioeducativa con menores

xoves, 8 nov 2001
imx759.jpg
Tomás Merín e Belén Sío
O convenio asinado pola concelleira de Benestar Social, Belén Sío, e o presidente da Fundación Aldaba, Tomás Merín, permitirá a aplicación dun proxecto de intervención socioeducativa en 21 centros escolares. Na primeira fase do programa, detectáronse 110 casos con risco de inadaptación e exclusión social.

Absentismo escolar, conductas antisociais, desestructuración familiar ou pais con problemas de saúde mental ou adicción ás drogas son as causas detectadas con máis frecuencia nos menores que padecen situación de risco ós que se lles realiza un seguimento con carácter preventivo, segundo manifestou a concelleira.

Tomás Merín explicou que este recurso especializado está a medio camiño entre a atención primaria (UBAS) e a intervención de protección da Xunta de Galicia para situacións de desamparo de menores. Na primeira fase participaron 18 centros escolares de Vigo e abríronse 110 expedientes, dos que 20 forman parte de minorías étnicas. Contou cun presuposto de 7 millóns de pesetas e coa colaboración das asociacións Karma, Abertal e Asis.

A seguinte fase, que durará ata xuño de 2002, disporá de 10 millóns de pesetas e de cinco persoas especializadas en evitar a inadaptación e exclusión social de menores.
Descargar todas as imaxes