A Mancomunidade contrata persoal para a Unidade de Promoción e Desenvolvemento
A Comisión de Goberno da Mancomunidade de Vigo aprobou o inicio da actividade da Unidade de Promoción e Desenvolmeneto (UPD) para desenvolver políticas activas de emprego na Área.
Seis meses despois do peche da actividade da UPD da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, os alcaldes que conforman a MAIV trataron en Comisión de Goberno un novo proxecto presentado e que permite darlle continuidade ó labor desenvolvido durante o periodo 1998-xuño 2001.
O proxecto, aprobado pola Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude a mediados do mes de outubro, contempla manter a súa actividade durante os vindeiros dous anos e medio cun cadro de persoal de 13 contratados trala concesión por parte da devandita Consellería, dunha achega de 131 millóns de pesetas para a súa actividade.
Como no periodo anterior, a UPD participará na planificación e desenvolvemento de políticas activas de promoción do emprego no ámbito xeográfico da Área Metropolitana de Vigo. Unha actividade que se levará a cabo sobre todo ó traverso de proxectos nas Escolas Obradoiro e Obradoiros de Emprego.
Para pór en marcha a Unidade de Promoción e Desenvolvemento, a Mancomunidade de Vigo tamén aprobou, na Comisión de Goberno celebrada o mércores en Baiona, o aluguer dun local colindante co que ocupa actualmente a Mancomunidade dado que as actuais instalacións son insuficientes para albergar os novos traballadores.