Lois Castrillo inaugura as Xornadas de Dereito Social
O alcalde de Vigo inaugurou as Xornadas de Outono de Dereito Social e sinalou que ”son un exemplo da inquedanza do colectivo Xustiza e Sociedade de Galicia, que aparece sempre asociado a iniciativas de defensa de dereitos humanos e sociais”.
O colectivo Xustiza e Sociedade de Galicia distinguiuse sempre pola súa sensibilidade á hora de tratar a problemática laboral do noso contorno e pola súa preocupación en explorar as posibilidades que ofrece o noso sistema xurídico para afrontar a protección dos dereitos dos traballadores, afirmou o alcalde.
A quinta edición destas xornadas leva por título ”Límite e responsabilidades civís e administrativas no exercicio dos poderes empresariais”. Lois Castrillo sinalou que ”debemos celebrar que os xuristas sigan escollendo Vigo para reunirse co obxecto de escoitar e debater, co fin de ofrecerlles aos profesionais a oportunidade de reciclárense e seguir beneficiando á cidade e aos seus traballadores”.
O alcalde destacou o progresivo aumento da contratación eventual en detrimento da indefinida e puxo como exemplo que, o pasado ano, o 88% dos contratos que se realizaron en Vigo foron temporais.
”Cómpre que nestes tempos nos que os discursos predominantes avogan por fomentar a competitividade, por liberalizar mercados, por seguir a estela da globalización, se fagan escoitar tamén as voces que pensan que os dereitos humanos, os dereitos colectivos e as políticas sociais son importantes e deben defenderse en cada ámbito de actuación”, afirmou Castrillo.
Descargar todas as imaxes