Escoitar

A Escola Obradoiro ” Mar de Vigo” achega a cultura marítima ás escolas

venres, 16 nov 2001
A Escola Obradoiro “Mar de Vigo”, promovida pola Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego no marco do Plan Municipal de Emprego 2000-2003, está a levar a cabo unha unidade didáctica en diferentes colexios da cidade baixo o nome de “Programa Aulas de Mar”, co obxecto de difundir a cultura relacionada co mar e achegar aspectos da vida mariñeira ós rapaces.

Os alumnos-traballadores de “Actividades Náutico Turísticas” coordinan este programa de actividades educativas, que van dirixidas ós alumnos/as de entre 9 e 12 anos de Educación Primaria e Secundaria. Ata agora participaron no “Programa Aulas de Mar” 14 colexios, o que supón un total de 950 alumnos.

Estas actividades comprenden un “Obradoiro de bandeiras”, onde fan o seu nome coas bandeiras do Código Internacional de Sinais, un “Obradoiro de Nós”, para coñecer e practicar os nós máis usados polos mariñeiros, e un “Obradoiro de Maquetas” para que nenos e nenas aprendan a facer en cartulina unha maqueta de chalana a escala.

O “Programa Aulas de Mar” forma parte do proxecto de obra dos alumnos-traballadores da especialidade módulo “Actividades Náutico Turísticas”, que consiste en organizar actividades relacionadas con la difusión da cultura marítima. Neste senso, lembrar que durante os pasados meses de xullo e agosto colaboraron na regata “Travesía Ría de Vigo” e nas xornadas “Vigo na Ruta Atlántica”, ademais de facilitar el remo en gamela coruxeira ó público en xeral na praia de O Bao.