A humanización de Faustino Álvarez emprega a seis traballadores procedentes do INEM de Vigo
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou hoxe mércores "a primeira obra que se inicia en toda España do Plan Zapatero", a humanización de Faustino Álvarez, que conta seis traballadores procedentes das listas do INEM da cidade. "Isto é o que queriamos: rúas humanizadas e emprego", explicou o rexedor. <br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou na mañá deste mércores os traballos de humanización que se están a levar a cabo en Faustino Álvarez, a primeira obra do Plan E en Vigo que ten comezado ata o momento e "a primeira obra que se inicia en toda España do Plan Zapatero", salientou.
Os traballos de mellora da rúa, que se alongarán por dous meses cun investimento de 175.000 euros, ten empregados a 6 persoas procedentes das listas do INEM de Vigo, un enxeñeiro e cinco operarios.
O vindeiro luns, 16 de marzo, comezarán as melloras na rúa Val Miñor e as humanización restantes se iniciarán aproximadamente o 30 de marzo. Todos os proxectos do Plan E deberán estar rematados ao longo de 2009 e, unicamente en mellora de rúas, darán emprego directo a 861 persoas.
O alcalde mostrouse satisfeito polo transcurso da obra, que deu comezo onte martes, e asegurou que "isto é o que queriamos: rúas humanizadas e emprego".
Grao de empresariais
Abel Caballero, no transcurso da súa visita, informou de que acordou co Rector da Universidade de Vigo, Alberto Gago, e coa conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, que se aprobe a creación dun grao de empresariais na escola localizada na rúa Torrecedeira.
O alcalde supeditou esta aprobación á convocatoria do Consello de Universidades, e Abel Caballero confía na súa reunión e aprobación do grao, pois está nunha "situación madura" para a resolución.
Esta solución consolidaría a presencia de dous graos de empresariais en Vigo, un na cidade universitaria e o outro na escola da rúa Torrecedeira. Para conquerilo, o alcalde comprometeu facer "todo o posible" para que se convoque o Consello de Universidades e rexeitou que o cambio de goberno na Xunta de Galicia impida a reunión dado que existe unanimidade na creación dun segundo grao en Vigo.