Escoitar

As obras de humanización do Calvario comezarán en xaneiro

venres, 19 out 2001
imx688.jpg
Maqueta das obras
O alcalde, Lois Castrillo, anunciou que as obras de humanización do Calvario comezarán a primeiros de ano, tralas festas de Nadal. O rexedor municipal presentou unha maqueta na que se representa a rúa Urzaiz tal e como quedará trala reforma á que será sometida. Esta maqueta será instalada no mercado do Calvario para que os veciños do barrio saiban en qué consistirán as obras de humanización.

Os traballos de reforma da rúa Urzaiz centraranse na primeira fase entre as rúas León e Sagunto. Ampliaranse as beirarrúas a cinco metros de ancho e reducirase a calzada a tres metros, limitando a circulación de vehículos a un so sentido. O pavimento será de lastros na calzada e de lousas de granito nas beirarrúas. Plantaranse árbores e colocarase mobiliario urbano. O presuposto da obra é de 145 millóns de pesetas.

O Goberno municipal incluirá nos orzamentos do vindeiro ano outra partida de 150 millóns de pesetas para continuar o proxecto de humanización de Urzaiz ata a rúa Gregorio Espino. De forma simultánea construiranse varios aparcamentos na zona: nas rúas Jenaro de la Fuente e Sagunto.

O alcalde salientou o esforzo do Goberno municipal por mellorar as rúas e prazas da cidade e aumentar os espacios peonais. Castrillo dixo que este Goberno humanizou en dous anos máis rúas que calquera dos gobernos anteriores.
Descargar todas as imaxes