O concelleiro Santiago Domínguez presentou o Titiriteatro de Outono
A Concellería de Xuventude colabora co programa Titiriteatro, organizado polo Plan Comunitario do Casco Vello, que traerá á praza da Constitución sete actuacións de teatro infantil os sábados a partir das 18:00 horas. A oferta completarase cun obradoiro de pintura e cunha exposición dos debuxos dos nenos.
O concelleiro de Xuventude, Santiago Domínguez, animou ós rapaces a asistir ás representacións teatrais e agradeceu o esforzo de dinamización social e cultural emprendido polo Plan Comunitario do Casco Vello. As actuacións serán presentadas polo Mago Cali, que realizará xogos para os nenos.
Programa
20 OUTUBRO
CÓMICOS AMBULANTES. ”INVENSÓNS”
Animación a expresión plástica
Dous comediantes coinciden á mesma hora no mesmo espacio para actuar. Cada un deles intentará impoñer o seu propio número. Dunha discusión xurdirán situacións de humor a pesar e gracias ó conflicto existente.
27 OUTUBRO
CACHIRULO, títeres. ”O REI ARTUR E A ABOMINABLE DAMA”
0 rei Artur tralo enfrontamento cun cabaleiro máxico ten que resolver un enigma para salvar a súa vida: ¿que é o que máis desexan as mulleres? O que no comenzo parece unha resposta sinxela convértese nun quebradeiro de cabeza. E o rei Artur terá que pasar por intrincadas aventuras que o van levando a un replantexamento do seu pensamento sobre o rol das mulleres no seu entorno e o de Xenebra en particular. Sir Galvan será o seu compañeiro nesta aventura, onde as virtudes dos cabaleiros pasan máis polo corazón e o intelecto que pola espada.
3 NOVEMBRO
TROPOS, titeres. ”O SASTRECILLO VALENTE”
Na cidade de Roquefort vivía o rei Gruyere terceiro, quen, ante as desfeitas do xigante Karameante, fixo o que fan tódolos reis dos contos nestes casos: ofreceu a man da súa filla e a metade do reino a quen fora capaz de vencelo. Un día, o rei atopouse cun pequeno xastre cunha cinta no peito que decía: sete dun golpe, ¿sería tan pequeno rato a solución para semelllante follón?
10 NOVEMBRO
YEUNG FAI, teatro de títeres. ”OPERA DE BEIJING”
Espectáculo composto de pequenas escenas. A primeira é ”El mono pescando”, onde o mono ten moitas desgracias cómicas sobre a súa pesca. Outra escena ”El mono y el tigre” é un conto sobre unha das epopeias máis famosas de China. Nesta parte, un mono é comido por un tigre e salvado polo heroe, Li Kui. O resto das escenas presentan acrobacias e artes marciais.
17 DE NOVEMBRO
ESFERA TEATRO. ”DOCE BESOS”
EspectácuLo de clown, títeres e sombras. Conta a historia de amores e desamores entre un pallaso cíentífico e unha pallasa titiriteira que teñen como celestina a Rocío de Mel, unha simpática xornalista que fará calquera cousa para lograr esa unión.
24 NOVEMBRO
VIRAVOLTA títeres. ”O CANDIL MARABILLOSO”
Versión moi libre do conto das Mil e unha noites.
O gran Sultán está moi, pero que moi enfermo. O único remedio esta no sifón máxico. Aladino axudado polo candil ¿marabilloso? Intentará conseguilo a pesar das trampas que lle pon o Mago ALi-OLi.
1 DECEMBRO
PABLO NOJES, compañía. ”MANOS A LA OBRA”
EspectácuLo interpretado por PabLo Nojes, cancións participativas e pequenas historias de grandes personaxes contadas con títeres e actuacións de clown.
Descargar todas as imaxes