Escoitar

Un encontro da Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres reunirá 40 especialistas

xoves, 18 out 2001
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, e a presidenta de Alecrín, Ana Míguez, inauguraron o VIII Encontro da ”Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres” que se celebrará ata o sábado na Casa Galega da Cultura.

Representantes de 40 centros asistirán a este encontro que pretende o intercambio de información e documentación para ofrecerlle mellor servicio ó público. Os centros da Rede Documentación e Bibliotecas de Mulleres teñen en común a temática dos seus fondos e mailo feito de pertenceren ó Estado español.