Siniestro Total chegará a Castrelos cun concerto especial e cheo de sorpresas
Os vigueses actuarán este sábado a partires das 22.30 horas e presentarán o seu novo traballo "Que parezca un accidente"
Será unha das últimas citas deste ano no recinto de Castrelos. Os vigueses Siniestro Total xogarán de novo na casa presentando o seu derradeiro traballo "Que parezca un accidente", nun concerto que foi presentado esta mañá polo concelleiro de Cultura, Xesus López e todos os membros do grupo, co vocalista e alma máter Julián Hernández á cabeza. A un día de rematar a Semana Grande das Festas de Vigo, coa celebración de San Roque como punto de referencia, o concelleiro de cultura salientou a "transformación" que o logo destes días puido verse na cidade, tanto "para os que veñen de fora como para os propios vigueses e viguesas". "Conseguimos unha cidade diferente" dixo Xesus López, cunha ampla programación "que foi quen de chegar a todos os públicos".
Con este obxectivo cumprido, celébrase tamén o concerto de Siniestro Total, unha cita que segundo o propio vocalista do grupo Julián Hernández "supón un reencontro co público de Vigo, xogar na casa, pero tamén a necesidade de ofrecer algo especial". Neste sentido Hernández salientou que están a traballar nesa posta en escena e bromeou dicindo que o concerto "marcará un antes e un despois na música occidental". A cita coas letras descaradas deste grupo vigués, que sobreviviu dende os 80 aos avatares do mercado musical, estarán polo tanto cargadas de sorpresas. As máis destacables serán as colaboracións que poderán verse enriba do escenario. "Hai convidados moi especiais, pero fuximos dos tópicos das invitacións dun concerto de rock; prometemos auténticas superestrellas da música contemporánea", dixo Julián Hernández.
Sinistro Total tratará de contar a vida de Vigo en 24 horas dende Castrelos nun concerto que terá unha importante carga visual e unha produción moi coidada. Pero antes de todo isto, o público poderá quentar motores coa actuación de Narf, a identidade máis sintética e acústica de Fran Pérez, compositor e cantor de Galicia que reparte a súa actividade entre o teatro e o rock. O prezo das entradas para asistir a esta cita será de 6 euros anticipada (www.servinova.com, 902 504 500 e Central de Espectáculos) e 8 euros no despacho de venta do Auditorio de Castrelos.
Descargar todas as imaxes