Escoitar

Modificación no percorrido da procesión do Cristo da Victoria<br />

Con motivo das obras na Rúa Marqués de Valladares este ano o percorrido da procesión do Cristo da Victoria discurrirá por algunhas rúas diferentes. O próximo domingo 03 de agosto de 2008, estarán pechadas ao tráfico as rúas afectadas pola devandita procesión, entre as 16:00 e as 23:00 horas.

xoves, 31 xul 2008
1217507830cris.jpg
Vigo, 31 de xullo de 2008. –O percorrido da procesión será o seguinte: Colexiata, Real, Ribeira do Berbés, Cánovas del Castillo, Montero Rios, Concepción Arenal, Colón, Príncipe, Porta do Sol, Pza. Constitución e Triunfo. Mentres dure a procesión permitirase o xiro dende Urzáiz descendente cara á Gran Vía e pecharase ao tráfico a rúa República Arxentina, treito entre Urzáiz García Barbón, con acceso exclusivo a VITRASA regulados pola Policía Local.
O alcalde afirmou que "desde a Alcaldía se actuó conxuntamente coa cofradia do Cristo da Victoria, en todas as tomas de decisións que afectan a procesión". Se tomarán medidas de seguridade viaria e reordenamento do tráfico.O Alcalde, Abel Caballero afirmou que "o apoio foi total e absoluto" e dende que él é alcalde o acto litúrxico se televisa con pantallas xigantes colocadas fora da Colexiata". "Diximos que sí a todo o que plantearon dende a cofradia do Cristo da Victoria e eles así o recoñeceron" subliñou.
"Esta procesión é un factor de unión en Vigo tanto para creyentes como para no creyentes" afirmou.
Descargar todas as imaxes