Escoitar

EFERVESCIENCIA NA PRAIA

A Asociación de Oceanógrafos de Galicia trasladase ás praias en plena temporada estival para presentar as Ciencias do Mar á sociedade. Efervesciencia na praia é unha campaña de comunicación social da ciencia,que aproveitará a gran riqueza do litoral galego, así como a importante afluencia turística ás praias durante os meses de verán.<br />

xoves, 31 xul 2008
1217517748P1010007.JPG
A Asociación de Oceanógrafos de Galicia, coordina e aglutina neste proxecto a
algunhas das principais Entidades e Organismos de Investigación e Tecnoloxía
Mariña de Galicia e á Radio Galega como medio de difusión e comunicación,
constituíndo un equipo de traballo idóneo para garantir o éxito desta
iniciativa. O evento está co-financiado pola Fundación Española de Ciencia Y
Tecnología FECYT, a Xunta de Galicia, a través das Consellerías de Pesca e
Asuntos Maritimos, a Consellería de Medioambiente e Desenvolvemento
Sostible, e Augas de Galicia.
A calidade científica e tecnolóxica do proxecto están avaladas pola
participación das seguintes Entidades: Instituto de Investigacións Mariñas de
Vigo (IIM-CSIC), a Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo, o
Centro Tecnológico del Mar (fundación CETMAR) e a Asociación de
Oceanógrafos de Galicia (AOG), a través da súa Comisión Científica.
O seguimento mediático do desenvolvemento das actividades e a súa difusión
a toda Galicia quedan plenamente garantidos pola participación no proxecto
de Radio Galega. Ademais da participación activa de Radio Galega realizarase
unha ampla difusión a diversos medios de comunicación (medios audiovisuais,
prensa, internet...).
Cada participante poderá aventurarse no mundo mariño acompañado dun
pasaporte no que se indicará o seu percorrido: en cada obradoiro deberá
superar unha proba de aprendizaxe para selar o seu documento. Aqueles que
superen todo o itinerario recibirán un agasallo de recompensa.
O percorrido amosará aos veraneantes algúns dos aspectos menos coñecidos
das súas praias favoritas. Poderán palpar os fondos mariños e aprender a
distinguilos; observar o comportamento da auga de mar cando aumentan as
emisións de gases de efecto invernadoiro, e a importancia da calidade das
augas para preservar a saúde do mar; aprenderán a distinguir aos habitantes
das praias a través dos ollos dos investigadores, e con eles recrearán o seu
propio océano trasladado a un acuario; participarán na xestión dunha reserva
mariña pesqueira onde probarán un modelo de desenvolvemento sostible das
comunidades pesqueiras; por último, poderán montar o seu proxecto
tecnolóxico para acadar un sector marítimo-pesqueiro máis competitivo
grazas á innovación, e disfrutar coa exposición sobre a incorporación das
novas tecnoloxías e materiais nos oficios tradicionais do mar.
Os máis cativos, poderán disfrutar das actividades ofrecidas na área "Un mar
de nenos", dirixida ao público infantil, acompañado por un adulto
responsable. Alí poderán xogar a mergullarse nas rías e coñecer aos seus
habitantes; probar as súas habilidades para construír un títere de medusa
mentres aprenden o seu ciclo de vida; e poderán poñerse na pel dos
oceanógrafos embarcados, subíndose á silla-barco que lles fará sentir as
dificultades que implica a realización de tarefas sinxelas sobre un barco en
movemento.
Os domingos ás 13 horas, o programa de radio Efervesciencia se retransmitirá
dende as praias, e invitará ao evento a unha selección de persoeiros do
mundo da I+D+i mariña que participarán en debates e transmitirán a súa visión
da campaña.
Descargar todas as imaxes