Escoitar

A remodelación de Velázquez Moreno busca unha maior humanización da zona

luns, 1 out 2001
Os concelleiros Carlos Príncipe e Uxío González asistiron hoxe ó inicio dos traballos de remodelación da rúa Velázquez Moreno, nos que se substituirán a calzada e as beirarrúas por lousas de pedra. Esta actuación está incluída no acondicionamento do contorno do Museo de Arte Contemporánea.

Instalarase mobiliario urbano como postes de fundición, bancos, farolas e protectores de gavias. Ademais, substituiranse os sumidoiros e as tuberías de abastecemento de augas e plantaranse árbores. Os depósitos do lixo serán soterrados para gañar espacio tanto para os conductores como para os viandantes.

Cortarase á circulación de vehículos o treito comprendido entre a rúa Progreso e a rúa do Príncipe por un período de tres meses. Permitirase unicamente o acceso para residentes, servicios públicos e de urxencias, tarefas de carga e descarga e saída de vehículos de estacionamento nese treito da rúa Velázquez Moreno en ámbolos dous sentidos desde a rúa Policarpo Sanz ata a rúa do Príncipe, mentres se manteña o corte de tráfico sinalado.