Parques e Xardíns crea unha zona axardinada en Saborido, preto de Camelias
A Concellería de Parques e Xardíns acondiciona como zona axardinada unha superficie de 1.650 m2 situada a continuación da praza Oito de marzo, entre as rúas Sergio Saborido, Camelias e Romil. O concelleiro Henrique Vieites sinalou que a creación desta nova zona de paseo, nun lugar con gran densidade de poboación, servirá de complemento ó parque infantil instalado na praza.
Os camiños pavimentaranse con lastro de pedra natural que conformarán unha zona de estar de planta rectangular e un recinto semicircular no que haberá diversos elementos de xogos infantís.
Construirase un muro de 87,5 m2 de mampostería de recortes de canteira, unha balaustrada de seguridade de 60 metros en pedra rosa Porriño semellante á existente. Haberá unha superficie de lastro e colocaranse táboas de madeira no bordo de paseos e zonas de estar para diferenciar a zona de céspede. Instalaranse 10 bancos e 10 papeleiras basculantes.
A zona arborada estará composta por cedros (Cedro atlantica glauca), salgueiros (Salix atrocinerea), bidueiros (Betula alba), olmeiros (Ulmus umbraculifera), ameneiros (Alnus glutinosa), sabugueiros (Sambucus nigra), ligustros (Ligustrum japonica), cerdeiras ornamentais (Prunus serrulata), thuyas (Thuja plicata), cortadeiras (Gynerium argenteum), un álamo (Populus nigra) e unha moreira chorona (Morus pendula).
Haberá tamén azaleas, hortensias, arbustos diversos como adelfas e loureiros e plantas tapizantes tales como lavanda, ericas, berberis, romeo, evónimos ou coprosma.
A realización da obra precisou dun importante movemento de terras nunha zona que estaba chea de silveiras e matogueiras. Ademais do desmonte e da creación de terrapléns fixéronse as obras de saneamento e canalizacións pertinentes. O presuposto total das obras de axardinamento é de case nove millóns de pesetas.
Descargar todas as imaxes