Escoitar

” Os camiños do amor” centra a segunda edición do Festival de Música de Vigo ARE MORE

xoves, 27 set 2001
imx603.jpg
Cartel
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe presentou hoxe a programación da segunda edición do Festival de Música de Vigo ARE More que se celebrará entre os días 20 de outubro e 21 de decembro con un total de 28 concertos. Na presentación da programación estaban o director do festival, Roberto Relova e o xerente da Fundación Caixagalicia, José Manuel Touriñan.

Carlos Príncipe destacou , no acto de presentación, que se cumpre un dos obxectivos marcados cando se apostou pola realización deste tipo de actuación que foi ” converter a cidade como capital da cultura en Galicia coa programación dun gran festival de outono”. Príncipe subliñou que con este Festival ofrécese calidade a prezos populares ” xa que as entradas terán un prezo de 1.000 e 700 pesetas, e ademais a metade dos espectáculos son gratuítos”.

” Os camiños do amor. Deuses e humanos” é o título da segunda edición do festival de Música de Vigo ARE More 2001, que segundo Roberto Relova, director do Festival, ” obedece ó feito de atopar en moitos dos concertos temas relacionados co amor e o desamor, observados dende diferentes perspectivas, incluso coas relacións dos mitos: deuses e humanos”.

O eixo do festival xira ó redor da figura de Orfeo de Monteverdi, que se basea nunha irrepetible historia de amor, onde os Deuses teñen un lugar destacado. Ute Lemper recordará os momentos máis incribles do amor en cancións do século XX, pero tamén as máis tristes. O amor divino canalizado, non só nos mitos clásicos, tamén na tradición cristiáns: ”O Mesías” de Haendel, ” O canto dos Auroros” á Virxe María.

Os escenarios dos concertos serán o teatro Fraga, o Conservatorio de Música, a igresia da Concatedral, o Museo de Arte Contemporánea e o Hotel Melia en Mondariz.

Programación:

-20 de outubro (sábado). 20:00 h.
Concerto de inauguración do Festival.
CINE FRAGA. CAIXA GALICIA.
UTE LEMPER.
UTE LEMPER en concerto.

-23 de outubro (martes). 20:30 h.
SALA DE CONCERTOS ”MARTÍN CODAX”-Conservatorio S. de Música.
WILBERT HAZELZET (traverso barroco) e JACQUES OGG (clave).
Despois de Bach....

-Mércores, 24 de OUTUBRO.
CONCERTO DE FORMACIÓN DE PÚBLICOS.

-25 de outubro (xoves). 21:30 h.
IGREXA-CONCATEDRAL DE SANTA MARÍA.
ENSEMBLE MICROLOGUS.
“Ochi dolenti mie”. Música e poesía na Florencia de Bocaccio.

-27 de outubro (sábado). 20:00 h.
CINE FRAGA. CAIXA GALICIA.
EVA MEI (soprano), BRUNO PRATICÒ (barítono), ROSETTA CUCCHI (piano).
Encontros rossinianos.

-Domingo, 28 de OUTUBRO.
CONCERTO DE FORMACIÓN DE PÚBLICOS.

-Venres, 2 de NOVEMBRO.
CONCERTO DE FORMACIÓN DE PÚBLICOS.

-4 de novembro (domingo). 20:00 h.
CINE FRAGA. CAIXA GALICIA.
ÁNGELES BLANCAS (soprano) e PATRICIA BARTON (piano).
”O Lied no s. XX”. Obras de Strauss, Hindemith, Messiaen e Turina.

-Domingo, 4 de NOVEMBRO.
CONCERTO DE FORMACIÓN DE PÚBLICOS.

-9 de novembro (venres). 20:30 h.
CINE FRAGA. CAIXA GALICIA.
MARÍA BAYO (soprano) e MARCO EVANGELISTI (piano).
Cancións de Mozart, Strauss, Toldrá, Granados e Falla.

-11 de novembro (domingo). 20:00 h.
SALA DE CONCERTOS ”MARTÍN CODAX”-Conservatorio S. de Música.
J. VINIKOUR (clave).
”Variacións Goldberg” de J. S. Bach.

-13 de novembro (martes). 20:30 h.
CINE FRAGA. CAIXA GALICIA.
ISABEL REY (soprano) e MANUEL BURGUERAS (piano).
Homenaxe a Bellini no seu 200 aniversario: cancións e arias de W. A. Mozart e B. Bellini.

-16 de novembro (venres). 20:30 h.
CINE FRAGA. CAIXA GALICIA.
MIRELLA FRENI (soprano) e PAOLA MOLINARI (piano).
Noite de gala.

-17 de novembro (sábado). 20:00 h.
HOTEL MELIÁ. BALNEARIO DE MONDARIZ.
DOMÉNICO CODISPOTI.
Recital de piano.

-18 de novembro (domingo). 20:00 h.
SALA DE CONCERTOS ”MARTÍN CODAX”-Conservatorio S. de Música.
PAUL O´DETTE en concerto.
Música para disfrutar.

-22 de novembro (xoves). 20:30 h.
SALA DE CONCERTOS ”MARTÍN CODAX”-Conservatorio S. de Música.
DAVID FONS e EMILIO BOIL.
Recital de viola e piano.

-23 de novembro (venres). 21:30 h.
IGREXA-CONCATEDRAL DE SANTA MARÍA.
ALIA MVSICA. Director: MIGUEL SÁNCHEZ.
“O canto dos Auroros”. Vixilia e música na tradición mediterránea.

-24 de novembro (sábado). 20:00 h.
CINE FRAGA. CAIXA GALICIA.
EWA POBLOCKA (piano) e CUARTETO LEIPZIG.
“A Morte e a Doncela” de Schubert. Quinteto, Op. 34 de BRAHMS.

-27 de novembro (martes). 20:30 h.
CINE FRAGA. CAIXA GALICIA.
EWA POBLOCKA.
Bach ó piano.

-1 de decembro (sábado). 20:00 h.
CINE FRAGA. CAIXA GALICIA.
ENSEMBLE ELYMA. Director: GABRIEL GARRIDO.
Ópera en concerto: ”L´Orfeo” de CLAUDIO MONTEVERDI.

-2 de decembro (domingo). 20:00 h.
CINE FRAGA. CAIXA GALICIA.
ANN MURRAY (mezzosoprano), PH. LANGRIDGE (tenor) e PETER DONOHOE (piano).
”A canción da terra” de G. MAHLER.

-4 de decembro (martes). 21:30 h.
IGREXA-CONCATEDRAL DE SANTA MARÍA.
ENSEMBLE MÚSICA PEREGRINA.
G. F. Haendel: música barroca española e italiana.

-8 de decembro (sábado). 20:00 h.
CINE FRAGA. CAIXA GALICIA.
MODUS NOVUS. Director: LORENZO RAMOS.
”Pierrot lunaire” de ARNOLD SCHÖNBERG.
As novas cantigas de Martín Codax. In memoriam de Enrique X. Macías
do compositor JAVIER ARIAS, encargo especial do Festival ARE-MORE.

-14 de decembro (venres). 20:30 h.
CINE FRAGA. CAIXA GALICIA.
DAVID RUSSELL en concerto.
Guitarra.

-16 de decembro (domingo). 20:00 h.
MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA DE VIGO.
CARLOS MÉNDEZ.
Recital de contrabaixo.

-18 de decembro (martes). 20:30 h.
SALA DE CONCERTOS ”MARTÍN CODAX”-Conservatorio S. de Música.
MARTA VÉLEZ e CRISTINA OLIVAR.
Recital de violín e piano.

-20 de decembro (xoves). 20:30 h.
MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA DE VIGO.
EDUARDO NOGUEROLES.
Recital de tuba.

-21 de decembro (venres). 21:30 h.
Concerto de clausura do Festival.
IGREXA-CONCATEDRAL DE SANTA MARÍA.
IL FONDAMENTO. Director: PAUL DOMBRECHT.
”O Mesías” de Haendel.


Descargar todas as imaxes