O equipo redactor comprométese a rematar o Pxom antes das próximas eleccións municipais
O concelleiro de Urbanismo, Xabier Toba, presentou o equipo da empresa Consultora Galega S. L. que se vai encargar de redactar o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo. No acto, o coordenador xeral dos traballos, Daniel Pino, anunciou a disposición da sociedade a rematar o documento antes de que expire o mandato da actual Corporación municipal.
O equipo de dirección do Pxom estará composto por catro persoas dirixidas por Juan Ignacio Zumárraga y Zunzunegui, doutor arquitecto que foi director xeral do territorio e urbanismo do MOPU entre 1984 e 1992. Os restantes membros serán: Agustín Herrero López, enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos, director xeral de Estradas na Comunidade de Madrid entre 1991 e 1995, e especialista no deseño do viario urbano: Enrique Sánchez Goyanes, profesor de Dereito administrativo especializado en Dereito urbanístico: e Daniel Pino Vicente, sociólogo e premio Europeo de Urbanismo en 1994.
Nos traballos de redacción do Pxom participarán medio cento de profesionais. O labor de redacción dividirase en varias áreas que terán cadanseu responsable:
Área de análise territorial—Cándido López, arquitecto e profesor de planeamento urbanístico na Universidade da Coruña.
Área de análise de infraestructuras--- Tomás Fernández, enxeñeiro de Camiños e profesor na Universidade Politécnica de Madrid.
Área de análise urbana---- Serge Gabriel, arquitecto, premio “Regles d´or de l´urbanisme” de Bélxica.
Área de análise socioeconómica--- Xavier Vence, catedrático de Economía aplicada na Universidade de Santiago: Miguel Martínez, profesor de Socioloxía rural e urbana na Universidade de Vigo: e Carmen Lamela, profesora de poboación e ecoloxía humana na Universidade da Coruña.
Consultora Galega contará ademais co asesoramento externo de prestixiosos profesionais da arquitectura do noso país como son Xerardo Estévez, César Portela ou Xosé Luis Pereiro.
O director do equipo, Juan Ignacio Zumárraga, manifestou que o seu obxectivo non vai ser o de facer outro plan xeral, senón un plan pensado para durar e resolver os problemas de Vigo apoiándose no coñecemento de toda a súa área de influencia.
Descargar todas as imaxes