O xerente de Urbanismo anuncia que nos próximos meses se porá no mercado solo para construír máis de 20.000 vivendas
O xerente de Urbanismo de Vigo, Xavier Rivas, anunciou nas Xornadas xurídico-técnicas da construcción que o Concello está a tramitar nestes momentos o planeamento de case catro millóns de metros cadrados de solo residencial. Iso significa que nos próximos meses estarán no mercado do solo en Vigo terreos con capacidade para construír preto de 22.000 vivendas.
O Concello acometeu un programa de actuación para permitir que se mantivese a actividade constructora na cidade mentres se redacta o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal. Ese programa baséase no desenvolvemento do planeamento secundario previsto no Pxou vixente. Dese xeito, nos últimos dous anos puxéronse no mercado 807.000 m2 de solo residencial en distintos puntos do municipio (Ramón Nieto, Aragón, Navia...) que van permitir a construcción de 5.200 vivendas. O planeamento que está en fase de tramitación permitirá que nos próximos meses o solo residencial a disposición dos promotores chegue aos 3.861.994 m2.
Segundo datos da Xerencia de Urbanismo, a actividade constructora en Vigo acadou no pasado ano un récord histórico. O volume de obra presupostado roldou os 38.000 millóns de pesetas, o que supuxo un incremento de case o 100% respecto ao exercicio precedente.
Xavier Rivas referiuse tamén na súa intervención ao solo industrial. Sinalou que no último ano o Concello tramitou unha superficie de 1.857.736 m2, correspondentes ao Parque Tecnolóxico e a San Andrés de Comesaña. Nos próximos meses a Xerencia agarda incorporar outro millón de metros cadrados de solo industrial en parroquias como Valadares, Bembrive ou Sárdoma.