As obras de urbanización de Barreiro poderán comezar a principios de 2002
O Consello da Xerencia de Urbanismo acaba de aprobar inicialmente o Peri 4 Barreiro 2, o documento de planificación urbanística dos terreos adquiridos polo Concello ao Ministerio de Defensa na parroquia de Lavadores. O Peri vai ser sometido a información pública polo prazo dun mes, antes da súa aprobación definitiva. Iso supón que as obras de urbanización e a construcción das dotacións previstas na zona poderían comezar a principios de ano.
A superficie do Peri é de 103.851 m2, dos que pertencen ao Concello os 75.000 metros cadrados do antigo cuartel de Barreiro. A intención do Goberno municipal é a de acondicionar nesa parcela un parque de 40 mil metros cadrados e construír diversas dotacións deportivas e equipamentos comunitarios. Para iso no Peri resérvanse 21.500 m2 para equipamentos e 5.600 m2 para instalacións deportivas (campo de fútbol, piscina e ximnasio). Na parcela municipal tamén se inclúe unha superficie de 27.000 m2 para a construcción de vivendas de promoción pública.
O Peri ordena ademais unha superficie de propietarios privados adxacente aos terreos do antigo cuartel. Son 10.000 m2 nos que se permite a edificación de tipo unifamiliar.
Descargar todas as imaxes