Escoitar

A Concellería de Patrimonio Histórico rehabilita dous edificios no Berbés

venres, 28 set 2001
O Concello de Vigo fixo coincidir as obras de acondicionamento da superficie da praza do Berbés cos traballos de rehabilitación de varios edificios situados na Ribeira do Berbés. Deste xeito búscase que a zona quede libre de obras en canto finalice a construcción do aparcadoiro e da nova praza.

O Concello está rehabilitando, con fondos do programa Urban, as fachadas e as cubertas dos números 33 e 39 da Ribeira do Berbés. Ademais, dentro do Programa de Rehabilitación de Vivendas do Casco Vello financiáronse os arranxos de varias vivendas do número 33 e tamén do número 1 da mesma rúa.

Segundo o Consorcio da Zona Franca, o aparcamento e a nova praza do Berbés poderán estar rematadas antes de que finalice o ano. Nese momento estarán tamén acabadas as obras de rehabilitación que se executan na zona.