O Concello prohibe a colocación de publicidade nas farolas
O Concello prohibirá a partir de agora a colocación de soportes publicitarios no alumeado público da cidade. Con esta medida, que tamén ten motivacións estéticas, preténdense evitar os desperfectos que causan nas farolas os sistemas de suxección de carteis.
A Comisión de Goberno decidiu autorizar aos servicios electromecánicos a retirada destes elementos e acordou tamén facer responsables ás empresas anunciantes dos danos que puideran causar e dos custos que orixine a súa retirada.
Construcción de nichos no cemiterio de Teis
A Comisión de Goberno adxudicou as obras de construcción de 128 nichos e 42 cinceiros no cemiterio de Teis. O presuposto dos traballos é e 14.780.000 pesetas e a súa duración estimada dous meses e medio, polo que poderían estar rematados a finais de ano. Con este investimento o Concello tenta cubrir a enorme demanda de nichos que existe no barrio de Teis. Hai que ter en conta que nos cemiterios municipais non se realizaban obras de ampliación dende hai máis de 5 anos. Neste exercicio, ademáis deste proxecto no cemiterio de Teis, o Concello vai tamén construír nichos no cemiterio de Zamáns.
O Concello cubrirá a bancada das pistas de atletismo de Balaídos
O Goberno municipal decidiu convocar unha poxa para contratar as obras de construcción dunha cuberta para a bancada das pistas de atletismo de Balaídos. Actualmente, esa bancada está totalmente descuberta o que, ademais de causar incomodidades ao público, provoca que se produzan filtracións de auga que prexudican as instalacións situadas debaixo. A concellería de Deportes elaborou un proxecto para resolver este problema e vai investir na obra 5 millóns e medio de pesetas. Esta actuación súmase a outras realizadas recentemente polo Concello neste recinto deportivo como foi a remodelación dos vestiarios ou a reforma do peche perimetral.