Os escolares recibirán clases de educación viaria
O concelleiro de Tráfico, Xaquín de Acosta presentou hoxe a campaña municipal de educación viaria que se impartirá nos colexios públicos e concertados da cidade. A campaña conta coa colaboración da Caixanova e Citroën.
A campaña consistirá en clases teóricas impartidas por policías municipais e monitores e clases prácticas que se realizarán na pista de tráfico do monte do Castro.
O soporte documental son guías didácticas adecuadas a cada un dos ciclos de ensino nas que se dan a coñecer as normas de tráfico e cál é o comportamento máis axeitado en lugares como a rúa, os autobuses ou mesmo cando se viaxe en coche e moto.
O concelleiro subliñou que a campaña de educación viaria se realizará durante os próximos catro anos e que un dos obxectivos é que os máis xoves se poidan mover máis seguros pola cidade.
Descargar todas as imaxes