martes, 6 febreiro 2024

O Concello organiza un campamento de Entroido en VigoZoo

martes, 6 feb 2024

Pensado para nenas e nenos de entre 6 e 12 anos, a actividade municipal ofrecerá actividades de entretemento e de educación ambiental para nenas e nenos de entre 6 e 12 anos, co fin de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das familias neste período de vacacións.

O alumnado do Colexio Mercantil visita o Concello

martes, 6 feb 2024

Abel Caballero recibiu este martes no Salón de Plenos do Concello a 50 estudantes do colexio Plurilingüe Mercantil que participaron no programa "Visita o teu Concello". Os alumnos de quinto e sexto de Educación Primaria e primeiro e segundo de Secundaria atenderon as explicacións do rexedor sobre a transcendencia do funcionamento da administración municipal na calidade de vida da cidadanía.