Escoitar

Caballero traslada ao Imserso a queixa pola "discriminación" de Vigo nos voos do programa de maiores

Abel Caballero remitiu o luns unha carta á directora xeral do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, Imserso, para transmitirlle os "serios inconvenientes detectados" en Vigo co programa de turismo, como a ausencia de voos chárter con conexión desde a cidade e a “discriminación” na asignación de prazas de Vigo e A Coruña.

martes, 6 feb 2024

O alcalde apuntou que o programa do Imserso carece de voos que operen desde Vigo, xa que todos o fan desde o aeroporto de Santiago de Compostela, "discriminando aos maiores" da cidade e obrigándolles a desprazarse 100 quilómetros para coller o avión.

Caballero explicou que a provincia da Coruña conta co 80 por cento das viaxes programadas, fronte ao 20 por cento asignado a Vigo e á súa área. "Discriminación clara en contra de Vigo", afirmou o rexedor ao indicar que a esta situación engádese que os usuarios da cidade olívica teñen que utilizar medios propios para desprazarse ata Pontevedra para alí subirse ao autobús que lles traslada a Santiago. "Por que non poñen o autobús desde Vigo con parada en Pontevedra e van facendo provisión ata Santiago?" interrogou Caballero ao expresar a súa "desconformidade absoluta" coa "deficiente organización.

No escrito o alcalde recoñece a importancia do programa.

 

Descargar todas as imaxes