venres, 14 xul 2023
Abel Caballero achegouse este venres ao campamento municipal que se desenvolve en Samil, onde nenas e nenos de entre 4 e 17 anos participan en diferentes actividades, principalmente de carácter deportivo. Na conversa que mantivo coa cativada e cos monitores puxo en valor os beneficios da práctica deportiva, de calquera disciplina, para o desenvolvemento persoal e para a saúde física e mental de toda a cidadanía. O programa Verán Xove 2023 do Concello ofrece este ano máis de 4.600 prazas para favorecer a conciliación familiar e laboral.
venres, 14 xul 2023
Abel Caballero defendeu con firmeza esta mañá no MARCO a liberdade de expresión cultural durante a inauguración de Cuando acabe el día, unha mostra de Concha Martínez Barreto. Estivo acompañado pola tenente de alcalde, Carmela Silva e o concelleiro de Cultura, Gorka Gómez.