Escoitar

Abel Caballero: “As reservas para a actuación de Pablo López sairán á venda o martes 18 de xullo”

O rexedor avanzou que “tal e como se fixo para o concerto de David Bisbal, simultanearase a venda online e presencial”. A actuación do artista malagueño terá lugar o luns 24 de xullo ás 22:00 horas en Castrelos.

xoves, 13 xul 2023

As reservas para gozar da música de Pablo López dende a platea de Castrelos sairán á venda o vindeiro martes 18 de xullo. Como informou o alcalde da cidade “serán 5.000 as localidades que se poderán adquirir para seguir un espectáculo excepcional”.

Sairán á venda combinando o formato online co presencial. Deste xeito, para facilitar o acceso de toda a cidadanía, independentemente do seu horario de traballo, os pases estarán dispoñibles en dúas quendas de 2.500 ás 9:30h e ás 16:30h (das que 1.250 de cada turno serán online a través de www.vigoenfestas.com e outras tantas na taquilla presencial do Auditorio Municipal).

 

Descargar todas as imaxes