Escoitar

O Concello dispón un “Punto lila” contra a violencia de xénero en Castrelos

O parque contará novamente este verán cun espazo para a prevención das violencias machistas durante a celebración dos concertos do programa “Vigo en festas 2023”.

xoves, 13 xul 2023
Punto lila instalado no parque de Castrelos
Punto lila instalado no parque de Castrelos

O alcalde informou este xoves da posta en funcionamento dun “Punto lila” para a prevención das violencias machistas en Castrelos para ofrecer información, sensibilizar e concienciar sobre as distintas formas de violencia machista, máis concretamente sobre as violencias sexuais e o acoso sexual en contornas de lecer.

O Punto Lila estará operativo durante os meses de xullo e agosto, nos que se celebran no auditorio de Castrelos diferentes concertos, tanto para público adulto como infantil, e servirá de referencia para atender posibles situacións de acoso ou agresións que se produzan, activando os protocolos de actuación en caso de emerxencia.

Abel Caballero sinalou tamén que o goberno municipal ten en marcha o procedemento de contratación do programa “EnlazaVigo contra a violencia de xénero”, unha iniciativa de sensibilización, formación e prevención da violencia de xénero entre a mocidade, que implica a alumnado dunha trintena de centros de ensino secundario da cidade, que se concentran no mes de novembro para amosar o rexeitamento da violencia machista.

O orzamento municipal para a loita contra a violencia sitúase en 1,5 millóns de euros anuais.

Descargar todas as imaxes