venres, 7 xullo 2023

Caballero: “En breve teremos aprobado o PXOM, unha moi boa nova para a cidade”

O Concello vén de recibir informes favorables ao PXOM da Axencia Galega de Infraestruturas e Patrimonio. Estes documentos son positivos a pesar de incluír algúns condicionantes menores que o goberno local solventará de inmediato para remitir toda a documentación á Consellería de Medio Ambiente e conseguir o antes posible a Declaración Ambiental Estratéxica. A previsión é aprobar o documento de xeito provisional este mesmo ano.

O alcalde clausura o campamento de deporte das Travesas

venres, 7 xul 2023

O segundo campus deportivo municipal de Vigo puxo punto e final ás actividades desenvolvidas ao longo desta semana coa visita de Abel Caballero, que agasallou ao centenar de nenas e nenos participantes cunha medalla e unha mochila para lembrar o seu paso pola actividade.