O rexedor achégase á festa de verán do Servizo de Atención a Domicilio
Abel Caballero saudou este mércores ás arredor de 300 persoas que asistiron á festa de verán do Servizo de Atención a Domicilio do Concello que se celebrou no Hotel Attica 21 en Samil. Música e baile tradicional, maxia, animación e baile foron os ingredientes deste encontro no que as persoas maiores, as súas familias, coidadores e o persoal do servizo se xuntan para compartir unha xornada de festa e diversión.