O alcalde avoga por facer das empresas “lugares de encontros transversais”
Na súa intervención durante a clausura da xornada “Talentos” organizada por Inserta Empleo, entidade da Fundación ONCE para a formación e emprego das persoas con discapacidade, Abel Caballero alentou ao empresariado a empregar a persoas con discapacidade nun momento contexto no que a “sociedade é distinta e demanda valores distintos”. Así, sinalou que as empresas deben ser “lugares de encontro transversais” nos que se “abra a transversalidade da sociedade”. No acto de peche participou tamén Mar Medeiros, directora da de RSC da Fundación ONCE.