Escoitar

O xoves día 6 saen á venda as reservas para o concerto de Andrés Calamaro en Castrelos

O recital do artista arxentino na nosa cidade terá lugar o sábado 8 de xullo ás 22:00 horas dentro do programa Vigo en Festas 2023.

martes, 4 xul 2023

Para este concerto expediranse 5000 reservas que se poderán adquirir integramente online a través dunha plataforma que se fará pública nas próximas horas. Realizaráse en dúas quendas de 2500, que en horario matinal estarán dispoñibles de 09:30h a 13:00h e de tarde de 16:30 a 20:00 horas.

Descargar todas as imaxes