A Corporación mantén o gasto da anterior lexislatura nas dedicacións e o persoal eventual
A Corporación municipal non suporá un maior custo que o da anterior lexislatura, segundo se decidiu esta mañá nun Pleno extraordinario. A proposta do goberno local foi manter o mesmo gasto que hai catro anos en dedicacións para os concelleiros e en dotacións económicas para os grupos municipais.
Os votos do goberno local permitiron esta mañá dar luz verde a unha proposta de dedicacións exclusivas e de dotacións económicas y medios para grupos municipais que non superarán o custo da anterior Corporación. Cos votos en contra do PP e do BNG Vigo, o PSOE aprobou un "reparto proporcional que garante medios para todos", segundo explicou o voceiro socialista, Carlos López Font.
Na sesión plenaria desta mañá tamén se aprobou a perioricidade das sesións do Pleno, que serán os últimos luns de cada mes; a creación e composición das comisións, e inclusión de mocións de control da orde do día das sesións ordinarias do Pleno.