Escoitar

Abel Caballero visita os traballos preparativos do Auditorio de Castrelos

O rexedor quixo observar de primeira man as melloras realizadas, acompañado da tenente de alcalde, Carmela Silva, e da concelleira de Seguridade, Contratación, Festas e Xestión Municipal, Patricia Rodríguez. Como sinalou o alcalde "a reforma principal foi a rebaixa da altura da zona de control de produción, xa que xeraba incomodidade visual".

xoves, 6 xul 2023

 

O Auditorio de Castrelos estrearáse este verán coa actuación de Andrés Calamaro o vindeiro sábado as 22:00h, para o que todavía quedan unha segunda quenda de 2500 reservas, que se porán a venda a traveś da web www.vigoenfestas.com as 16:30h de hoxe.

Abel Caballero quixo observar as reformas acometidas nas instalacións do recinto, as que sinalou que "superaron os 50.000€" e que coa baixada da torre "mellorará a visibilidade de gran parte do auditorio".

Descargar todas as imaxes