Escoitar

O martes saen á venda as 5.000 reservas para seguir o concerto de David Bisbal dende a platea de Castrelos

O Concello avanzou que o próximo martes 11 de xullo sairá á venda as 5.000 as localidades dispoñibles para a actuación do cantante almeriense o sábado 15 de xullo ás 22:00h

xoves, 6 xul 2023

A reserva de entradas para gozar da música de David Bisbal dende a platea de Castrelos sairán á venda o martes 11 de xullo. Serán 5.000 as localidades que se poderán adquirir para seguir un espectáculo programado ás 22:00h do sábado 15 de xullo.

Tal e como se fixo para os concertos do "Vigo en Festas 2022", simultanearase a venda online e presencial. No caso da venda online estarán dispoñibles na páxina web www.vigoenfestas.com na que se poderán adquirir un máximo de dúas reservas por persoa.

Para facilitar o acceso de toda a cidadanía, independentemente do seu horario de traballo, as entradas sairán en dúas quendas de 2.500 ás 9:30h e ás 16:30h (das que 1.250 de cada turno serán online e outras tantas na taquilla presencial do Auditorio Municipal).

Descargar todas as imaxes