O rexedor traslada a súa satisfacción ante as alternativas presentadas para a Saída Sur Ferroviaria
O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana publicou o pasado venres o estudo realizado.
O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana publicou o pasado venres o estudo realizado.
Os traballos comezan hoxe desde a zona de Samil en dirección Castelao. O goberno local habilitará sempre un carril de circulación en ambos sentidos para permitir o tránsito de vehículos. O Concello ten previsto actuar en 60 rúas por un importe de máis de 7 millóns de euros.
O programa municipal de envellecemento activo contará este ano cun orzamento de 200.000 euros o que lle permitirá ampliar oferta e actividades. O único requisito é ter máis de 65 años e estar emproado en Vigo. O prazo de inscrición abrirá nos próximos días.
O Concello oferta ao alumnado de 5º e 6º de Primaria visitar a exposición do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2023.
O alcalde presentou en rolda de prensa xunto a Pepe Fumega, presidente da Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello, as principais propostas do programa da festa da Reconquista, que se desenvolve desde o 25 de marzo e ata o 2 de abril.
O rexedor presentou esta mañá no Auditorio Mar de Vigo a cuarta edición do festival, cun cartel cheo de grandes nomes internacionais e nacionais que actuarán de maio a setembro.
Abel Caballero asistiu este luns no acto de entrega deste recoñecemento ao centro comercial que acadou o máximo nivel de excelencia en accesibilidade ao integrar itinerarios accesibles exteriores e interiores. “A accesibilidade é un dereito irrenunciable da cidadanía e Vialia é a accesibilidade total”, sinalou o rexedor. No acto participaron Esther Bienes, directora da Fundación ARS, creadora do Certificado AIS (Sistema Indicador de Accesibilidade); Teresa Verdugo, directora xeral de Nhood España, empresa xestora de Vialia; a concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, e Juan Louro, director do centro comercial.
O escritor, publicista, conferenciante e profesor de Universidade faleceu en Vigo este pasado domingo. Activista social en favor da tolerancia e da solidariedade, cunha “extraordinaria capacidade de transmisión”, foi autor de libros como “El discreto encanto de la filantropía" ou “Mi cabeza me hace trampas". O alcalde trasladou o pesar colectivo á familia e amizades de Carlos Mañas, “un gran vigués e gran amigo desta cidade”, que recibiu no ano 2015 o recoñecemento como Vigués Distinguido
Abel Caballero recibiu esta mañá aos promotores do III Congreso Knotgroup “Los Orígenes” que se desenvolverá en Vigo no mes de de maio. Máis de 20 especialistas en odontoloxía e estomatoloxía exercerán de relatores na sede de Afundación para afondar na relación entre esta especialidade e outras disciplinas médicas.