Escoitar

A Pinacoteca Municipal amosará ao estudantado a exposición “Francisco Fernández del Riego nos vieiros da arte galega”

O Concello oferta ao alumnado de 5º e 6º de Primaria visitar a exposición do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2023.

luns, 6 mar 2023

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria de colexios de Vigo terán a oportunidade de coñecer de primeira man a labor de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas. O goberno local pon a súa disposición un programa de visitas escolares que se desenvolverá entre o 17 de abril e o 19 de maio, cunha visita guiada pola Pinacoteca Municipal e un obradoiro artístico. A duración da excursión será duns 90 minutos. Alí achegaranse a exposición “Francisco Fernández del Riego nos veiros da arte galega”

Hoxe comeza o prazo de inscrición para que os colexios poidan anotarse e facer as súas reservas no teléfono 986 240 130 / 619 948 920 ou no correo electrónico reservas.aprmvigo@gmail.com

“É de balde. Poñemos todo a disposición dos colexios”, manifestou Abel Caballero en rolda de prensa.

*No documento adxunto pódense consultar as bases de inscrición.

Descargar todas as imaxes