mércores, 8 marzo 2023

Caballero únese á celebración do San Juan de Dios no HC San Rafael

mércores, 8 mar 2023

O alcalde visitou no día de hoxe o Hogar e Clínica San Rafael de Vigo con motivo da celebración do centro da festividade de San Xoan de Deus. Alí foi recibidos polos usuarios e a directiva, que teñen organizadas distintas actividades ao longo da xornada. Abel Caballero escoitou as peticións dos asistentes e gozou con eles dun aperitivo a mediodía.

O alcalde recibe ao alumnado de Francia e Alemania de intercambio no IES Politécnico

mércores, 8 mar 2023

Abel Caballero saudou aos alumnos e alumnas chegados de Francia e Alemaña que están a facer un intercambio escolar no IES Politécnico de Vigo. O alcalde saudou estas iniciativas "que están a borrar as fronteiras de Europa" e contou ao estudantado a súa experiencia cando viviu en Cambridge. Os rapaces e rapazas están a coñecer Vigo e aprender español, algo que o rexedor celebrou: "Vigo é unha cidade amigable".