Escoitar

A primeira ruta do Camiño a Camiño 2023 suma 150 participantes

Este domingo 12 de marzo comezan as saídas do programa municipal de educación medioambiental cun percorrido ao carón da ría de Vigo que ten na Vía Verde o seu punto de partida.

martes, 7 mar 2023
Arquivo: o alcalde cos participantes da actividade medioambiental na Bouza
Arquivo: o alcalde cos participantes da actividade medioambiental na Bouza

O alcalde salientou o éxito de convocatoria da primeira ruta do programa que esgotou xa as 150 prazas ofertadas para este domingo. Tal e como lembrou, a participación nas rutas medioambientais é totalmente gratuíta, xa que os autobuses de regreso son financiados polo Concello este ano, o que supón un cambio respecto a edicións anteriores.

O Camiño a Camiño 2023 ofrece 11 percorridos nesta nova edición: 8 rutas pola ría de Vigo, 2 viaxes en barco ás Cíes e 1 marcha polos montes e Vigo.

O vindeiro luns, 13 de marzo, o Concello abre o prazo de inscrición a través do teléfono 010 para reservar praza para a saída do domingo 19 de marzo.

Descargar todas as imaxes