mércores, 4 maio 2022

O alcalde saúda a unha trintena de alumnos e alumnas ao bordo do Nautilus

mércores, 4 mai 2022

Abel Caballero saudou aos mozos e mozas dos CEIP Coutada Beade e Mosteiro Bembrive que na xornada de hoxe gozaron do programa municipal "Unha xanela aberta á Ría de Vigo". O alumnado, nun percorrido dunha hora de duración, ten a oportunidade de coñecer o funcionamento, formación e produtividade da ría de Vigo e a inmensa riqueza das súas augas, o funcionamento do Nemo, un ROV submarino (vehículo non tripulado) que ofrece imaxes en calidade 4 K, que permiten ver o fondo da ría ou os mexillóns nas bateas, comproban como se utiliza unha mostra de plancto vivo, como é a inmersión co robot subacuático para visualizar o cultivo do mexillón e identificar as especies de fauna e flora que se vexan durante a inmersión.