O goberno local outorga dúas novas licenzas de rehabilitación no Casco Vello
Elduayen 39 e Ferrería 16 son os dous novos inmobles que se van rehabilitar no Casco Vello cun investimento de case 500.000 euros. Deste xeito, súmanse ás 1.320 actuacións de recuperación que xa se acometeron nesta zona ARI, cun orzamento que se eleva aos 23 millóns.
O goberno local vén de outorgar licenza de rehabilitación para dous edificios no Casco Vello, concretamente, en Elduayen, 39 e Ferrería, 16 cun investimento de case 500.000 euros. No primeiro caso, detallou o rexedor, vanse construír 3 vivendas, coa superior en dúplex, mentres que no segundo caso, serán dúas as vivendas en dúplex.
Trátase dunha actuación máis para contribuír á rexeneración do Casco Histórico da cidade que prosegue coa importante labor que está a desempeñar a Oficina Municipal de Rehabilitación coa xestión de axudas a particulares na zona ARI. No Casco Vello fixéronse xa 1.320 actuacións -na súa maior en vivendas - cun montante de inversión de 23 millóns, dos que o Goberno de España achegou a meirande parte.