venres, 2 xullo 2021

Caballero participa na clausura do Campus do Coruxo C.F.

venres, 2 xul 2021

O alcalde e Carmela Silva asistiron este venres no Campo do Vao ao peche do campamento de verán “Aprendendo a xogar” no que case 400 nenas e nenos que aprenderon 30 modalidades deportivas ao longo desta semana. Caballero agradeceu á Deputación de Pontevedra a súa cooperación co campus e animou aos participantes a seguir practicando deporte.

O alcalde animou as nenas e nenos a seguir co deporte no Campus VIDE

venres, 2 xul 2021

Abel Caballero fixo fincapé na importancia do deporte na visita aos rapaces que acudiron ao primeiro campamento de verán que organiza o Concello. Os máis pequenos recibiron galardóns e diplomas pola participación nas distintas actividades deportivas. O alcalde tamén recoñeceu a labor dos monitores que “multiplicaron o seu esforzo” por mor da pandemia.

Abel Caballero denuncia a débeda da Xunta de 8,8 millóns cos servizos sociais da cidade

venres, 2 xul 2021

O Concello reclama á Xunta os 8,8 millóns que lle debe á cidade en materia de política social á que o Concello adica 20,9 millóns neste 2021. Legalmente, o Goberno autonómico debería financiar o 66% deste orzamento pero a súa achega é de 4,9 millóns dos 13,7 millóns que lle corresponderían, o que supón que nin sequera asumen a terceira parte da súa obriga.

O rexedor felicita ao alumnado do obradoiro de reciclaxe de Atlántico Diario

venres, 2 xul 2021

Abel Caballero participou este venres na entrega de premios do taller de reciclaxe organizado polo suplemento Xornal Escolar de Atlántico Diario no que estudantes de Primaria aprenderon a importancia da reciclaxe e da reutilización dos elementos da vida cotiá. O alcalde animounos a seguir traballando na protección do medio ambiente e felicitou ao director do xornal, Julio Rodríguez, polo desenvolvemento deste programa no que colabora FCC.

Caballero coñeceu os plans de expansión en Vigo do grupo empresarial Alcampo

venres, 2 xul 2021

O alcalde deu conta esta mañá do encontro que mantivo con directivos de Alcampo en Vigo quen lle trasladou a súa previsión de abrir un novo supermercado no Centro Comercial Vialia. Os responsables deste grupo de distribución da cidade tamén lle avanzaron a súa intención de acometer obras de mellora nas instalacións xa operativas en Coia e na Avenida de Madrid.