Escoitar

Vigo implanta o sistema de reciclaxe con recompensa para latas e botellas de plástico

Vigo aposta por un sistema de reciclaxe que premia aos cidadáns con incentivos que axuden a mellorar o seu entorno máis próximo ao tempo que fomenta a circularidade dos envases. Así o dixo esta mañá o rexedor na presentación de Reciclos, na Farola de Urzáiz durante un acto no que advertiu da importancia da acción individual na preservación do medio ambiente.

xoves, 1 xul 2021

Os cidadáns comprometidos coa reciclaxe obterán desde hoxe recompensas cada vez que reciclen as súas latas ou botellas de plástico de bebidas. Isto é posible, segundo explicou o alcalde, grazas á aposta do Concello por Reciclos, o Sistema de Devolución e Recompensa (SDR) desenvolvido por Ecoembes, a organización ambiental sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe de envases por todo o país.

A partir de hoxe toda a veciñanza de Vigo poderán reciclar as súas latas e botellas de bebida de plástico nun dos 1.206 contedores amarelos -aos que se lles incorporou a tecnoloxía necesaria – para obter recompensas. Entre estes incentivos, destaca poder contribuír coa Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral.

Para facer uso de Reciclos, os cidadáns só teñen que rexistrarse na webapp e, en casa, escanear o código de barras da lata ou botella de plástico que queiran reciclar antes de tiralo ao cubo. Unha vez na rúa, cando acudan ao contedor amarelo coa súa bolsa de envases, deben depositala alí e escanear o código QR que hai no contedor. Ao facelo, obterán puntos chamados Reciclos que poderán cambiar por participacións en sorteos de distintos produtos sostibles que contribúan á preservación do medio ambiente.

Este sistema de reciclaxe foi presentado esta mañá nun acto organizado na Farola de Urzáiz no que ademais do rexedor, tamén participou Bruno de Llano, responsable de Ecoembes Galicia. Caballero destacou que en Vigo a reciclaxe no contedor amarelo realízase con baixo nivel de impropios o que sitúa á cidade “á vangarda da separación intelixente”. Engadiu ademais que Vigo conta xa con cinco contedores, ao incorporar o marrón, para orgánicos.

 

Descargar todas as imaxes