martes, 9 mar 2021
Presentado este martes na Zona Franca, Abel Caballero subliñou que a idea naceu no outono e culmina agora cunha proposta “a favor da industria e do territorio, e compatible con outros proxectos similares”. Cun investimento estimado en 151 millóns, Vigo optará a fondos Next Generation da Unión Europea.
martes, 9 mar 2021
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a transferencia de financiamento do goberno municipal á Fundación Marco que supón o 72% do seu orzamento para 2021. Tamén deu luz verde á achega de 125.000 euros para da Fundación Vigo en Deporte e 70.000 euros para programas de Benestar.
martes, 9 mar 2021
Abel Caballero trasladou este martes a resolución adoptada polo Consello municipal da Muller, que acordou distinguir á doutora en Filosofía e Pedagoxía, mestra no IES Alexandre Bóveda cunha ampla traxectoria no feminismo e na formación de xénero.