Escoitar

O Concello achega 650.000 euros para financiar a actividade do MARCO no 2021

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a transferencia de financiamento do goberno municipal á Fundación Marco que supón o 72% do seu orzamento para 2021. Tamén deu luz verde á achega de 125.000 euros para da Fundación Vigo en Deporte e 70.000 euros para programas de Benestar.

martes, 9 mar 2021

O alcalde destaca a importancia da achega municipal para o desenvolvemento da actividade do Museo de Arte contemporánea de Vigo que con 650.000 euros é “financiado practicamente na súa totalidade” polo Concello, un 72% do seu orzamento para 2021, fronte á asignación da Xunta de Galicia que supón “a sétima parte”, situándose nun “escaso 10%” segundo apuntou Caballero.

Ademais, este ano o MARCO conta co apoio da Deputación de Pontevedra que achega 50.000 euros para diferentes programas ou para a edición de catálogos do museo.

Benestar Social e deporte

A Xunta de Goberno aprobou tamén as bases reguladoras e a convocatoria das subvencións a entidades e asociacións de carácter social sen ánimo de lucro para a realización de actividades da área dos Servizos Sociais cun importe de 70.000 euros. As entidades poderán concorrer ao programa de axudas para realizar accións na cidade durante este 2021 destinadas a familia e infancia, persoas maiores e con discapacidade, persoas emigrantes, inmigrantes e minorías étnicas, persoas marxinadas sen fogar ou persoas con problemas de adiccións.

Segundo informou o alcalde este martes, a Xunta de Goberno Local tamén aprobou a transferencia de financiamento a favor da Fundación Vigo en Deporte pola dinamización do programa de promoción do deporte no ano 2021 cun importe de125.000 euros.